A Gazeta
Para visionar a revista, necesita o último Flash player.
|
O laranxa xa é un club de Honra. A vindeira tempada o Burela FSF Pescados Rubén poderá debutar na mellor liga do mundo e todo grazas á inmellorable traxectoria na súa estrea en Prata. |
|
|
Caboverdiana, uruguaia, colombiana, arxentina, brasileira... Estas son algunhas das comunidades que se mesturan coa galega na vila multicultural de Burela; unha convivencia harmoniosa que, como é natural, ten un perfecto reflexo entre os/as máis pequenos/as no espello das Escolas Deportivas Municipais do CD Burela FS. |
|
Formado na canteira do extinto Cefire, o burelao César Revilla conseguiu ser profeta na súa terra despois de militar na Prata catalá durante catro tempadas. O ala-peche, que comparte a capitanía laranxa co Mariskal, recoñece o orgullo de poder xogar por e para a vila que o viu medrar e, en especial, para todos aqueles cos que deu os seus primeiros toques de balón |
|
|
Dende hai un ano, Marta Basanta dirixe a recoñecida franquía Alain Afflelou Óptico en Burela. A empresa francesa escolleu a esta diplomada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela, que conta cunha dilatada experiencia no sector, e a vila burelá para internarse na comarca da Mariña, un mercado no que tivo unha excelente resposta dende o primeiro día, grazas á súa profesionalidade, á variedade de produtos e á súa competitiva política de prezos. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|