|
Si na edición anterior o protagonista de entrevista foi o canario Javi Rodríguez, nesta ocasión, seguimos partindo nesta pequena viaxe dende as fabulosas Illas Canarias. Saltamos de La Gomera á illa de Lanzarote, da 'illa galega' chegou ao Burela FS Pescados Rubén Manuel Méndez Pérez. O porteiro mariñao estivo durante tres tempadas poñendo o acento galego no club insular, chegando a contar coa axuda dun histórico xogador laranxa coma Juan Palmeiro. Foi no Lanzarote FS onde Manuel Méndez se consolidou coma xogador profesional tras iniciar a súa andadura no Puerto Celeiro FS con 18 anos. |
|
|
Aires canarios chegaron esta tempada ao Burela FS Pescados Rubén coa presenza de Javier Rodríguez Rodríguez. A 'perla canaria', de 19 anos, aterrou en Burela procedente do Muebles Lety (División de Prata) onde completou unha excelente tempada e sumou 12 goles que contribuíron á permanencia do cadro tinerfeño. Javi Rodríguez comezou a destacar dende moi novo e con 15 anos xa estaba a xogar na Primeira Nacional A no Fonononos Anfrabar. |
|
|
O encontro ante o pechacancelas tivo un aliciente extra co que pouca xente contaba, o premio para xogar o 'play off' de ascenso á División de Honra. O conxunto que adestra Pardeiro fixo a súa parte do traballo en Valencia, gañando por 1-3 na cancha do Politécnica, o que unido á derrota sufrida do Zamora en Navarra (6-1), deixaba aos laranxas a un so punto de acadar a súa clasificación matemática para a promoción. Logo do empate dos zamoranos ante Bilbo, a falta de dous encontros (un para o Arcebansa), os burelaos avantaxan ao que era principal rival en sete puntos, unha distancia irrecuperable para os de Zamora. |
|
|
O Campus Mixto Internacional de fútbol sala base Burela FS Pescados Rubén, prepara unha nova edición coa presenza de adestradores e técnicos de primeiro nivel. A cita, que terá lugar os días 16, 17, 18 e 19 de xullo, contará, entre outros/as, coa presenza de Javier Orol (Ázkar Lugo), Javier Lorente (xogador de Ocaña FS), Pulpis (seleccionador de Tailandia), Javier Pardeiro (Burela FS), Miguel Rodrigo (Caja Segovia), Bruno García (seleccionador galego, xunto con Javier Pardeiro), os internacionais portugueses Formiga e Israel, Julián Amarelo (técnico do Foz FSF), Marta e Ro (xogadoras do Foz FSF) ademais de xogadores e membros do corpo técnico do Burela FS Pescados Rubén. |
|
|
O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Antonio Rodenas Martínez, e o director do IES Monte Castelo de Burela, Marcelino Luna, fixeron entrega de material deportivo á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña. A institución estivo representada no acto por María José Rodríguez, traballadodra social do centro en Burela, e Manuel Boullosa, monitor deportivo e adestrador do equipo de fútbol sala. |
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>
|